a mente

Como

Coñecer ben a túa marca ou o teu proxecto é o principal punto de partida. Saber cal é a túa esencia e filosofía como marca e ter claros os teus obxectivos e o que debemos transmitir convertirase na base sólida do noso traballo en común. Para xerar unha boa comunicación cara a fóra, debemos traballala ben desde dentro.

Ademais, partindo da miña formación en direción de arte, traballarei sempre tendo moi en conta o universo e o equilibrio visual da túa marca; establecendo unha ponte entre os contidos escritos, as ideas e as imaxes xeradas. Desta forma, non só pensarei nas palabras que queremos transmitir, senón tamén en cales deben ser as cores que debemos usar ou os tipos de imaxes que deben ilustrar eses contidos escritos, facendo que todos os elementos convivan en harmonía.

O Colaboratorio

Considero que, o lugar onde traballo aporta moito ao meu método, xa que comparto espazo nun colaboratorio de empresas, o cal me permite compartir proxectos de forma directa e presencial con profesionais doutras disciplinas.

Así que, se a maiores do servizos que eu ofrezo, precisas o deseño da túa marca ou da túa web, gravación de vídeos, sesións de fotografía ou servizos de SEO e SEM, non dubides en comentarmo porque podemos xestionalo desde aquí e crear un proxecto conxunto cunha estratexia común.