o corazón

Quen

Ola, son Zeltia. Experta en comunicación, contadora de historias e directora de arte.

 A primeira vez que me marabillei con algo tiña catro anos. O meu avó, fotógrafo e artista, nunha das súas visitas, ensinoume un cacho de cartón no que, tras botarlle “uns polvos máxicos”, íase desvelando unha imaxe na que apareciamos “máxicamente” o meu irmán e eu. Así foi como descubrín as polaroids e o meu amor pola fotografía.

Pasei a miña infancia e adolescencia perdida entre libros, imaxes e unha mestura de ambas disciplinas, encántame a arte do collage.

Chegada a idade adulta, decidín formarme en comunicación audiovisual e, posteriormente, en dirección de arte. Levei ao terreo profesional algo que teño moi interiorizado, o goce que sinto ao coñecer ás persoas e as súas historias. Desta forma, descubrín que se me da ben utilizar a estratexia, a creatividade e a miña facilidade para achegarme ás persoas para contar historias. A túa historia, a historia da túa marca ou a do teu proxecto.

Finalmente lanceime e abrín unha axencia de comunicación estratéxica e creativa na que ofrezo profesionalidade, cercanía e orixinalidade.